mércores, 27 de novembro de 2019

Convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG de hoxe, 27 de novembro, a ORDE do 15 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código de procedemento: TR305A) para un total de 1.800 prazas, nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 6.475 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
• Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
• Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
• Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas.
• Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia:
– UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
– UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
• Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas.

As unidades de competencia convocadas pódense ver no ANEXO I da Orde da convocatoria.

Prazo de inscrición no procedemento

O prazo de inscrición será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


Ligazón á sede electrónica da Xunta para a súa tramitación electrónica: TR305A

Lembrar que o prazo abre o día 28 de novembro polo que o enlace ao trámite TR305A pode non estar operativo ata esa data.

Ligazón á páxina da Consellería de Economía, Emprego e Industria con información a cerca deste procedemento: Recoñecemento da experiencia profesional






Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...