mércores, 10 de maio de 2023

KAMPAOH RÍA DE AROUSA (PRAIA E RURAL) - OFERTA DE EMPREGO

KAMPAOH é un novo concepto de "ir de cámping" no que tes todo preparado para que poidas gozar da viaxe, relaxarte e descansar comodamente sen ter que cargar con tenda, saco ou calquera outro tipo de equipamento.

Ligazón á súa páxina web: https://es.kampaoh.com/

KAMPAOH chega ao Barbanza en colaboración co cámping Ría de Arosa ofrecendo os seus servizos tanto no Ría de Arosa I, situado na praia de Cabío (A Lombiña) coma no Ría de Arousa II, situado no lugar de Balteiro (Oleiros - Ribeira).


Para a posta en marcha deste servizo KAMPAOH ofrece os seguintes postos de traballo:

1.- HOUSEKEEPER (persoal de limpeza):

A túa misión principal será manter limpas e ordenadas as tendas e espazos comúns da área de Kampaoh de acordo cos estándares de calidade previstos co obxectivo de cumprir coas expectativas da nosa clientela.

Resumo de tarefas:

  • Limpeza interior das tendas
  • Limpeza exterior das tendas
  • Limpeza de baños Kampaoh (en caso de existencia)
  • Realizar tarefas básicas de mantemento
  • Realizar tarefas de limpeza de zonas comúns (parcela, zona chill out etc.)
  • Organizar e manter ordenado o almacén

Que ofrecen?

  • Formar parte dun equipo xove e dinámico
  • Contrato fixo descontinuo a 25/30 h
  • Posibilidade de aloxamento no cámping
  • Quenda de mañán
  • Soldo de 18000 € brutos anuais/xornada completa

2.- DIRKAMP ASSISTANT (asistente de dirección):

A túa misión principal será xestionar a atención do cliente, durante toda a súa estancia, sempre co obxectivo de lograr que esta cumpra coas expectativas.

Funcións

● Recepción / Atención da clientela

- Realizar a recepción e saída da clientela (check-in e check-out)

- Dar soporte nas incidencias da clientela aloxados e, de se-lo caso, realiza-lo informe ao encargado/a do cámping.

- Supervisa-la satisfacción da estancia dos clientes (limpeza de áreas comúns, mobiliario, lavandaría etc.)

- Atender calquera petición da clientela relacionada coa súa estancia.

- Realizar funcións de Guest Experience: detalles de benvida / coordinación xunto con rr.ss. para preparar tendas de colaboracións etc.

● Reservas

- Controla-lo calendario de reservas, modificacións, cancelacións e walk–in en Cloudbeds.

- Dar soporte na xestión de fianzas non autorizadas.

● Outras funcións

- Apoiar na recepción de provedores e recepción de mercadorías.

- Apoio a tarefas operativas cando resulte necesario (montaxe, mantemento, apoio á limpeza etc).

- Apoiar na revisión de housekeeping xunto co encargado/a de cámping.

- Dar soporte na xestión da lavandaría, así como garanti-la eficiente subministracións de produtos ao equipo de limpeza.

Requisitos

- Formación en Hostalaría e Turismo, Atención ao Cliente ou similar.

- Habilidades comunicativas

- Orientación pola calidade e a experiencia da clientela

- Nivel medio de inglés (coñecemento doutros idiomas)

Que ofrecen?

- Contrato a tempo completo desde marzo a outubro

- Formar parte dun equipo xove  dinámico con posibilidades de desenvolvemento.

- Salario: 19500 € brutos anuais


Para contactar:

Teléfono 665957398

Enderezo de correo electrónico: riadearosarural@kampaoh.com








Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...