OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO:
·
LIMPEZA DE PRAIAS:
PÉONS/CAPATACES LIMPEZA DE PRAIAS
(CONCELLO DE PORTO DO SON): bases no arquivo adxunto.
·
SERVIZO DE VIXILANCIA ADUANEIRA:
Convocatoria de proceso selectivo
para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre no Corpo Executivo do
Servizo de Vixilancia Aduaneira, especialidade de Investigación, Navegación e
Propulsión.
N.º Prazas:
10 Especialidade de
Investigación.
10 Especialidade de Navegación.
10 Especialidade de Propulsión.
Requisitos xerais e académicos:
anexo II das bases da convocatoria no BOE: https://lnkd.in/d3HxaMu
Solicitude: telemáticamente,
enchendo o modelo oficial, con certificado electrónico ou sen certificado
electrónico mediante o sistema «Cl@ve PIN», a través da Sede electrónica da
Axencia Estatal da Administración Tributaria. A solicitude dirixirase ao
Director Xeral da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Prema na seguinte
ligazón:https://lnkd.in/dtpeC-5
Prazo: 24/05/2021.
Máis información: https://lnkd.in/d3HxaMu
·
BECAS INVESTIGACIÓN:
O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca ata 900 bolsas
de introdución á investigación: “JAE Intro ICU”!!!
Finalidade:
Iniciación na carreira investigadora,
posibilitando a realización dunha estancia nalgún dos grupos de investigación
que desenvolvan o seu labor nos ICU do CSIC.
Requisitos:
Estudantes universitarios/as, cursando estudos de
grao, licenciatura ou máster que teñan completados, polo menos, o 50 % dos
créditos (ECTS) correspondentes ao grao.
Importe:
O importe mínimo mensual será de 600 euros e o
máximo será de 1000 euros. A duración mínima da bolsa será de 3 meses e a
duración máxima será de 10 meses. A data límite de finalización das estancias
baixo a presente resolución será o 31 de agosto de 2022.
Prazo de
presentación de solicitudes:
Os prazos de entrega de solicitudes das bolsas
establecidos por cada ICU virán recollidos nas fichas descritivas. O prazo de
entrega de fichas descritivas ao Departamento de Posgrao e Especialización
atoparase aberto ata o 30 de abril de 2022.
BOE do 23/04/2021: https://lnkd.in/dp5vPWd
Máis información:
🌐 https://lnkd.in/di5q-VC
🌐 https://lnkd.in/d-PZK7C
OFERTA FORMATIVA:
·
FORMACIÓN CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
Curso de primeiros auxilios (2ª
ed): listaxe admitidos/as no arquivo adxunto.
·
CONTABILIDADE
Obradoiro en liña: Contabilidade Cooperativa Nivel Pro.
Supostos prácticos !!!!
Organiza Espazocoop a través da Rede Eusumo, a
rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da
economía social.
Datas de realización: do 12 ao 31 de maio.
Horario: celebraranse 4 sesións virtuais de
aprendizaxe os días 12, 19, 26 e 31 de maio en horario de 11:00 a 12:30 hs. A
persoa titora estará dispoñible no seguinte horario de luns a venres de 16:00 a
17:00 hs.
Dirixido a: persoas cun proxecto de emprendemento
cooperativo e que están a poñer en marcha unha empresa, interesadas en facelo
ou integradas nunha con poucos coñecementos da xestión contable.
Programa:
Tema 1. A estrutura xeral contable.
Tema 2. O tratamento dos fondos propios e
específicos nas cooperativas de traballo.
Tema 3. A conta de perdas e beneficios e a
distribución de resultados.
Tema 4. Fiscalidade cooperativa.
Inscricións:
Gratuíta.
A través do seguinte formulario: https://lnkd.in/dMec6Qm
Máis información:
https://lnkd.in/dh8KRtW
patane@espazo.coop ☎881 887 456
·
WEBINAR GRATUITO:
“Satélites de Empleo” : Webinars
Gratuíto!
Orientación
Laboral a Persoas en Desemprego: Consellos prácticos sobre como sacar partido
ás ferramentas dixitais para atopar traballo ou como actuar nas entrevistas
online.
Webinar 1: “Ferramentas Dixitais que che axudarán
na túa Procura Activa de Emprego” (11 de maio). A inscrición pode realizarse
ata o domingo 9 de maio, inclusive.
Webinar 2:
“Traballa a túa Marca Persoal nas Redes Sociais Profesionais” (18 de maio). A
inscrición poderá realizarse ata o domingo 16 de maio, inclusive.
Webinar 3:
“Actualización nos Procesos de Selección” (25 de maio). A inscrición ata o
domingo 23 de maio, inclusive.
Destinatarios/as:
Poderán participar persoas en desemprego de entre
18 e 60 anos que residan nas seguintes Comunidades Autónomas: Asturias, Castela
e León, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Galicia e A
Rioxa.
De 10 a 11 horas: para as persoas que residan
en Castela e León, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana e A
Rioxa.
De 11:30 a 12:30 horas, para as persoas que
residan en Asturias e Galicia.
Inscrición
online en: https://lnkd.in/gm62zgw
Ningún comentario:
Publicar un comentario