mércores, 27 de novembro de 2019

Axuda para a contratación de xestores de internacionalización do IGAPE



O pasado día 14 de agosto publicáronse no DOG as bases de axuda para a contratación de xestores de internacionalización do IGAPE. Acompáñase un resumo cos datos máis significativos a ter en conta e novidades desta convocatoria, por si esta liña de axudas fora de interese para algunha empresa.


Instituto Galego de Promoción Económica
-   BENEFICIARIOS. Poderán ser beneficiarios as empresas e organismos empresariais:
EMPRESAS:, que teñan o seu domicilio social na CA de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización. (Nesta convocatoria non poderán ser beneficiarias as persoas físicas)
As empresas terán que dispor do informe de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de programas do Igape a partir de 2013. De non dispor do citado informe de alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes

ORGANISMOS EMPRESARIAIS: Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009). Todos deber ter o seu domicilio social na CA de Galicia.
Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da CA de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

 -  CONTÍA E LÍMITES DE AXUDA: A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable:

a) 80 % no caso de contratación de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
b) 70 % no resto dos casos.
- CONCORRENCIA NON COMPETITIVA Serán subvencionables tódolos proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles, tendo en conta, ademais, a oportunidade de que a tramitación dos expedientes sexa rápida e con prazos de solicitude abertos, pola dificultade de planificar as accións subvencionadas e a urxencia de implementación destas, a medida que xurda a necesidade.
-   PERÍODO DE VIXENCIA: Nesta convocatoria o solicitante establece o período de vixencia que necesita para levar a cabo o seu proxecto; e por tanto eso establecerá así mesmo o período mínimo da contratación do xestor. En todo caso, a duración do contrato non será, en ningún caso, inferior a 6 meses
-   PROXECTO DE INTERNACIONALIZACIÓN O solicitante debe acreditar que ten un proxecto de internacionalización para o que require contratar profesionais en comercio exterior. Se o solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto, pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no formulario electrónico de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos, delimitando e diferenciando o proxecto que desenvolverá cada xestor.

-  CONDICIÓNS DA CONTRATACIÓN RELATIVAS AO XESTOR DE EXPORTACIÓN:
a) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en Comercio Internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
b) En todo caso, deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia.
c) Establécense tres perfís de xestor, con base na idade e experiencia acadados, e nos cales a intensidade da axuda irá acorde co dito perfil:
I) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1984.

1º. En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación específica de posgrao en comercio internacional:

i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou
ii) Mestrado de comercio exterior ou
iii) Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional ou
iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

2º. Non teren desempeñado en España con anterioridade, antes da contratación obxecto destas bases, traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 (no caso dos titulados universitarios) ou outro grupo de cotización (no caso dos técnicos de FP) por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas), nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases– por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto, intermediarios do comercio ou con actividades profesionais de consultoría (CNAE 46 e 70).

3º. No caso de estaren inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, a contía da axuda incrementarase segundo o establecido no artigo 6.1.

II) Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes de 1 de xaneiro de 1984.
i)  Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou
ii)   Máster de comercio exterior ou
iii) Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional ou
iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
v) Experiencia laboral menor a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación esixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

III) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1974).
En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación ou experiencia laboral relacionada coa internacionalización empresarial:
i) Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do
ámbito da internacionalización empresarial ou
ii) Máster de comercio exterior ou
iii) Certificado de profesionalidad ou
iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
v) Experiencia laboral igual ou superior a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación exixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

- CUSTO SUBVENCIONABLE: Importe de salario mensual neto subvencionable con prorateo de pagas extra segundo o perfil ó que pertenza o xestor será o seguinte:
a) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1984: o importe do salario mensual neto subvencionable con rateo de pagas extra é de 1.358,89 €.
b) Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes do 1 de xaneiro de 1984: o importe do salario mensual neto subvencionable con pro rateo de pagas extra é de 1.698,61 € (un 25 % de incremento sobre o perfil de mozos profesionais).
c) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1974): o importe do salario mensual neto subvencionable con rateo de pagas extra é de 2.038,34 € (un 50 % de incremento sobre o perfil de mozos profesionais).

- CONDICIÓNS DA CONTRATACIÓN RELATIVAS O CONTRATO: Subvencionanse contratos formalizados a partir da data de solicitude de axuda. A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección.

-  MODALIDADES DE CONTRATACIÓN: Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización. Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de 6 meses.

O período de contratación subvencionable (máximo 15 meses) deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de dous meses a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.


Outros Aspectos a ter en conta:
-   Forma e lugar de presentación das solicitudes: http://www.tramita.igape.es
-   Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na CA de Galicia
- O prazo de presentación de solicitudes está aberto e rematará o 29 de novembro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
-  O período de contratación subvencionable deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de dous meses a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.

- O obxectivo destas bases é facilitar a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais titulados con formación e/ou experiencia en comercio exterior, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización.
As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis
A presente convocatoria está cofinanciada nun 80 % polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Obxectivo específico 08.01.05 do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Calquera consulta non dubide en poñerse en contacto con nós: 981 54 10 60 // lca@igape.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...