Hoxe, no Diario Oficial de Galicia, temos publicada a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2019 da Axencia Turismo de Galicia pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU503A).
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se estable-ce nesta resolución, os seguintes investimentos:
2.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
2.3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
2.4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
2.5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
2.6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa imple-mentación de medidas de aforro enerxético.
O investimento neto admitido será de ata 100.000 euros. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase o solicitante para que adapte o proxecto que se vai executar ao citado límite.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Ligazón ás bases: Bases reguladoras
Ligazón ao extracto: Extracto
Ligazón ao trámite na sede electrónica da Xunta de Galicia: TU503A
Sinalar que o prazo de solicitude comeza o día 29 de novembro polo que a ligazón ao procedemento non estará operativo ata a dita data.
Ningún comentario:
Publicar un comentario