OFERTA FORMATIVA:
Curso de mariñeiro-pescador na modalidade online: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/60676/xunta-convoca-tres-novos-cursos-marineiro-pescador-modalidade-online?langId=gl_ES
Programa de Becas Google – Fundae. Certificado Profesional de Google Soporte de Tecnoloxías da Información a través de FUNDAE Fundación Estatal para la Formación en el Empleo e o Servicio Público de Empleo Estatal SEPE (Fonte: Emprego Galicia).
Google, coa colaboración de Fundae, ofrece 3.000 bolsas para realizar de forma gratuíta o Certificado profesional de Soporte de Tecnoloxías da Información de Google.
O certificado componse de 5 cursos, nos que se aprende a resolver problemas informáticos, redes de conexión, sistemas operativos, administración de sistemas e seguridade; arranxar fallos técnicos de computador, instalación de software e traballar cos sistemas operativos de Linux, Cloud computing e Interfaces de liña de comandos, é dicir, ensínanse produtos e software de todo o ecosistema tecnolóxico, non só de Google.
REQUISITOS: Maiores de 18 anos. Non se necesitan coñecementos previos.
INSCRICIÓNS: O formulario de inscrición estará habilitado ata o 10 de setembro. A selección de persoas para a remisión da invitación farase por orde de chegada, atendendo ás seguintes cuestións:
◾Darase prioridade ás persoas afectadas por ERTE ou desempregadas.
◾Tratarase de respectar que a porcentaxe de mulleres sexa do 50%.
A data límite para finalizar o certificado é o 31 de decembro.
O programa ten unha duración de 120 horas de formación que se traducen en 3 meses, cunha duración aproximada de 10 horas á semana. A duración pode variar en función da dedicación semanal e os coñecementos previos do alumnado. Se o ritmo de traballo non é o adecuado para finalizar o programa con éxito poderase revogar a bolsa.
Máis información e inscrición: https://lnkd.in/dVNiKTP
Lembra que Fundae ofrece formación a persoas desempregadas e traballadoras no seu portal podes consultar toda a formación que ofrece.
Convocatoria 2021 de 2.500 bolsas do programa “Becas Santander Skills | Upskill your Talent - ESADE”.(Fonte: Emprego Galicia).
Obxectivo: impulsar as oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional das persoas participantes.
Persoas candidatas: as persoas maiores de 18 anos, dende a data de publicación da convocatoria do Programa, nacionais ou residentes dos países de Arxentina, Brasil, Chile, Alemaña, México, Polonia, Portugal, España, Uruguai, USA e Reino Unido, que sexan persoas usuarias de Bolsas Santander e con fluidez suficiente en inglés, portugués ou español, segundo sexa o idioma do curso impartido.
Pílulas formativas (inglés, portugués ou español):
◾ Pílula 1: liderazgo.
◾ Pílula 2: creatividade.
◾ Pílula 3: produtividade persoal.
◾ Pílula 4: influencia e intelixencia emocional.
◾ Pílula 5: negociación.
◾ Pílula 6: comunicación.
◾ Pílula 7: resolución de problemas complexos e toma de decisións.
Duración: 2 semanas, entre 6-8 horas.
Datas: entre o 18/11/2021 e 02/12/2021.
Inscricións: por vía electrónica a través da seguinte ligazón: https://lnkd.in/eXJqc6S
Prazo: ata o 21/09/2021 ás 23:00 horas CET.
Máis información:https://lnkd.in/ed3DT9k
OFERTA DE EMPREGO:
Bolsas de contratación auxiliar de investigación mariña (Fonte: Emprego Galicia).:
Convócanse 8️⃣ bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña para os anos 2021, 2022 e 2023.
Obxectivo: completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.
Requisitos persoas destinatarias:
Estar en posesión do título de técnico/a superior e ter rematados os estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2018 dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das especialidades que se relacionan:
a) Solicitantes de bolsas en actividades marítimo pesqueiras/acuicultura:
◾Título de técnico superior en Acuicultura.
b) Solicitantes de bolsas en Química/Análise e Control:
◾Título de técnico superior en Análise e Control.
Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.
Non ter sido persoa beneficiaria destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, durante un período dun (1) ano ou superior.
Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Duración: 2 anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión e sen posibilidade de prórroga.
Contía: o importe bruto mensual de cada bolsa será de novecentos euros (900,00 €).
Lugares: as bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) que está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova de Arousa e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.
Solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, sita na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).
Procedemento PE609B : https://lnkd.in/dzsdcfH
Prazo: ata o 23/08/2021.
Máis información: DOG: https://lnkd.in/dnEM9-D Extracto DOG:https://lnkd.in/dH_NY_C
XURISTAS E PSICÓLOGAS/OS (Fonte: Emprego Galicia).
Convócanse probas selectivas para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penais, especialidades de Xuristas e Psicólogas/os.
N.º prazas:
◾ 22 prazas da especialidade de Xuristas.
◾ 30 prazas da especialidade de Psicólogas/os.
Do total das prazas convocadas para acceso libre, reservaranse 3 prazas, 1️⃣ praza da especialidade de Xuristas e 2️⃣ prazas da especialidade de Psicólogas/ os, para quen teña a condición legal de persoas con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición.
Requisitos persoas candidatas: posuír o título de Licenciada/o ou Grao en Dereito, se optan ás prazas de Xuristas, e o título de Licenciada/o ou Grao en Psicoloxía, se optan ás prazas de Psicólogas/os, ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou no seu caso do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de Dereito Comunitario.
Forma da presentación de solicitudes: por vía electrónica, facendo uso do servizo Inscrición en Procesos Probas Selectivas do punto de acceso xeral , seguindo as instrucións que se lle indiquen, sendo necesario identificarse mediante a plataforma de identificación e sinatura electrónica cl@ve, en calquera das súas modalidades:
https://lnkd.in/gXnJfVS
Prazo: ata o 10/09/2021.
Máis información:
◾BOE: https://lnkd.in/dAze6uR
◾www.interior.gob.es
◾https://lnkd.in/d42ynrC
◾https://lnkd.in/dQBuZNk
CORPO DE OFICIAIS DE ARSENAIS DA ARMADA (Fonte: Emprego Galicia):
Convócase proceso selectivo para cubrir 84 prazas do Corpo de Oficiais de Arsenais da Armada, código 0424, polo sistema xeral de acceso libre!!!
O conxunto de prazas ofertado distribúese por programas e localización xeográfica:
◾Metal-Calefactor-Fontaneiro: 7 prazas.
◾Artes Gráficas Composición: 2 prazas.
◾Electrónica: 23 prazas.
◾Artes Gráficas Impresión: 3 prazas.
◾Electricidade Instalador Montador: 23 prazas.
◾Construción. Oficial da Construción Programa 1: 10 prazas.
◾Construción. Oficial da Construción Programa 2: 7 prazas.
◾Metal Calefactor Fontaneiro: 7 prazas.
◾Artes Gráficas Composición: 2 prazas.
◾Electrónica: 23 prazas.
◾Artes Gráficas Impresión: 3 prazas.
◾Metal- Torneiro/ Fresador: 4 prazas.
Consultar as bases para ampliar información.
Prazo presentación: ata o 14/09/21.
Solicitudes:
As persoas aspirantes deberán realizar a presentación da instancia por medios electrónicos a través do servizo de Inscrición en Probas Selectivas ( IPS) do Punto de Acceso Xeral, de acordo coas instrucións que se indiquen.
Para participar nestas probas selectivas deberase cumprimentar e presentar electronicamente a solicitude de admisión no modelo oficial 790, que estará dispoñible no Punto de Acceso Xeral.
Máis información e inscrción:
BOE 16/07/21: https://lnkd.in/dASJfYi
Punto acceso xeral: https://lnkd.in/dd8qK9Q
Inscrición:https://lnkd.in/dmdx2sg
Portal de Defensa: https://lnkd.in/dfeNrGR
Bolsas para a realización de actividades de formación,
información e divulgación relacionadas co ámbito de actuación da Comisión
Nacional dos Mercados e a Competencia
(Fonte: Emprego Galicia).
Persoa Beneficiarias:
Persoas Graduadas universitarias nas áreas de coñecemento correspondentes ás distintas modalidades das bolsas descritas no apartado Primeiro da Resolución de convocatoria. A titulación requirida debe de obterse nos catro anos anteriores á publicación da convocatoria, ou ben atoparse o
solicitante en condicións de obtela antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
MODALIDADES
Código ECO: Persoas Graduadas en Economía ou Empresa, sede de Madrid: 5 bolsas.
Código DER: Persoas Graduadas en Dereito, sede de Madrid: 5 bolsas.
Código ING: Persoas Graduadas en enxeñería. Sede de Madrid: 2 bolsas. Sede de Barcelona: 1 bolsa.
Código PER: Persoas Graduadas en Xornalismo, sede de Madrid: 1 bolsa.
Obxecto:
Bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito de actuación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Contía:
O importe mensual por beneficiario é de 1.100 € brutos.
Duración das bolsas: 12 meses, desde novembro do 2021 ata outubro de 2022.
Prazo de presentación: ata o 10 de setembro de 2021.
Máis información:
BOE 26/07/21: https://lnkd.in/dWEFWJq
Portal CNMC: https://lnkd.in/dacsuEW
Solicitude: https://lnkd.in/dG8x7By
Sistema nacional de subvencións: https://lnkd.in/dfZGzgf
Ningún comentario:
Publicar un comentario