Hoxe publicamos diferentes ofertas de emprego público de diferentes administracións públicas:
CONCELLO DE MURAS - LUGO:
No BOE número 244 do 10 de outubro do 2019 publicase a Resolución de 1 de outubro de 2019, do Concello de Muras (Lugo), referente á convocatoria para prover unha praza.
Características da praza:
a) Denominación da praza: Traballador/a social
b) Grupo de titulación: GRUPO A (Subgrupo A2)
c) OUTRAS CARACTERÍSTICAS
- Escala: asimilable a administración especial
- Subescala: asimilable a técnica
- Dotación económica: 25.540,91€/brutos anuais (xornada completa)
Sistema selectivo. O sistema de selección será o de oposición, quenda libre.
Titulación. Posuír a titulación de Diplomado/a en Traballo Social ou equivalente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 8 de novembro do 2019.
Máis información: «Boletín Oficial da Provincia de Lugo» número 224, de 28 de setembro de 2019, www.muras.gal
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PALENCIA
No BOE número 239 do 4 de outubro do 2019 publicase a Resolución do 24 de setembro de 2019, da Deputación Provincial de Palencia, referente á convocatoria para prover varias prazas.
- Catro prazas de Traballadores Sociais, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, grupo A/A2, mediante o sistema de oposición, tres delas en quenda libre e unha en quenda de reserva para discapacidade.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 24 de outubro do 2019.
Máis información: No «Boletín Oficial da Provincia de Palencia» número 111, do 16 de setembro de 201.
DEPUTACIÓN FORAL DE BIZCAIA
No BOE número 242 do 8 de outubro do 2019 publicase a Resolución do 26 de setembro de 2019, da Deputación Foral de Bizkaia, referente á convocatoria para prover varias prazas.
- Unha praza de Licenciado ou Licenciada en Educación Física, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Técnicos ou Técnicas Superiores, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Dúas prazas de Axudante de Mantemento, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Catro prazas de Enxeñeira ou Enxeñeiro Industrial, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Técnicos ou Técnicas Superiores, mediante o sistema de concurso-oposición, delas, tres prazas en quenda libre e unha praza en quenda de promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 6 de novembro do 2019.
Máis información: No «Boletín Oficial de Bizkaia» número 184, do 26 de setembro de 2019
CONCELLO DO PORRIÑO - PONTEVEDRA
No BOE número 245 do 11 de outubro do 2019 publicase a Resolución do 3 de outubro de 2019, do Concello do Porriño (Pontevedra), referente á convocatoria para prover varias prazas.
- Seis prazas de Policía Local, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase Policía Local; delas:
- cinco prazas mediante o sistema de oposición, en quenda libre, e
- unha praza mediante o sistema de concurso de méritos, en quenda de de mobilidade horizontal
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro do 2019.
Máis información: No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 137, do 18 de xullo de 2019.
MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Resolución do 12 de setembro de 2019, da Subsecretaría, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Observadores de Meteoroloxía do Estado.
Convócase proceso selectivo para cubrir 51 prazas do Corpo de Observadores de Meteoroloxía do Estado, Código 1429 polo sistema xeral de acceso libre, correspondentes ás Ofertas de Emprego Público de 2018 e 2019, e 15 prazas polo sistema de promoción interna, correspondentes á Oferta de Emprego Público de 2018.
Do total de prazas convocadas, reservaranse 3 polo sistema xeral de acceso libre, e 1 polo sistema de promoción interna, para quen se lles recoñeceu un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna, coas valoracións, exercicios e puntuacións que se especifican no Anexo I.
Titulación. Estar en posesión do título de Bacharel ou Técnico. Así mesmo estarase ao establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharel regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de outubro do 2019.
Máis información: BOE Núm. 236 do 1 de outubro de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario