A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que
se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do
emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova
creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como
iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa
convocatoria para o ano 2019.
Entidades beneficiarias
1. As empresas privadas, calquera que
sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades
de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades
laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos
nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu
inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo,
por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non
figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
3. As persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das propias persoas promotoras.
Obxecto
Xerar emprego estable para as persoas
desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con
discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares
con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e
dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na
Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do
rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas
de programa regulado nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2019.
Entidades beneficiarias
As empresas privadas, incluídas as
persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na
Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa
actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto
empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da
titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do
proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e
as condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Obxecto
Impulsar a creación de novas iniciativas
empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia
mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas
previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base
tecnolóxica:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.
O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do
programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario