A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que
se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do
emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego
autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE
Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras
autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se
convocan para o ano 2019.
Coidamos que hai un erro na publicación do extracto do Programa I xa que se refire ao mesmo obxecto que o Programa II, de tódolos xeitos deixamos un pequeno resumo á espera de que se publique a corrección de erros:
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
No referente ao Programa II, ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar,
para o ano 2019, os incentivos á contratación indefinida inicial de
persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou
persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:
a) As solicitudes de axudas polas
contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a
data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous
meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal
do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente
ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do
mes.
b) As axudas previstas polas
contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta
orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data
en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a
subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado
ao primeiro día hábil seguinte.
c) O prazo para presentar as solicitudes
de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non
transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario