O concello da Pobra do Caramiñal publica hoxe, 12 de abril de 2024, no BOP da Coruña a convocatoria da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais temporais para a cobertura temporal dos postos de traballo de persoal de limpeza de oficinas e instalacións municipais (cobertura de vacacións, baixas por incapacidade temporal e outros permisos retribuídos, e cobertura interina de postos vacantes e situacións análogas).
As solicitudes presentarase a través do rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 8:00 h ás 14:00 h ou por medio da sede electrónica municipal, https://apobra.sedelectronica.es/ ,no prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da propia sede electrónica do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario