luns, 25 de setembro de 2023

FORMACIÓN GRATUÍTA - EXPERTOS/AS EN TRANSFORMACIÓN DIXITAL

A Universidade Camilo José Cela coa colaboración de Gdoce, grupo empresarial de servizos, oferta a formación gratuíta: Expertos/as en transformación dixital.

Cun total de 150 horas está dividida en sesións de 45 horas presenciais, 95 horas de formación virtual e 10 de mentorización.

Vai dirixida a xoves de ata 35 anos que estean a traballar en PYMES ou que se atopen en situación de desemprego.

Os requisitos para poder acceder á devandita formación son:

  • Titulación universitaria (ou estar no último ano) ou FPGS e con 6 meses de experiencia laboral(incluídas prácticas)
  • FPGM, Bacharelato ou Certificado de Profesionalidade Nivel III e con 2 anos de experiencia laboral en TIC (incluídas prácticas).
Ao remate da formación obterase un certificado da Universidade Camilo José Cela (15 ECTS), a titulación PMI Project Management Ready Certification así como o acceso directo á bolsa de emprego da E.O.I.

Conta tamén con beca de desprazamento.

A ficha de pre-inscrición pódese descargar da seguinte ligazón: 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...