Star Servicios selecciona persoal
para realizar a limpeza industrial e desinfección diaria en dúas fábricas de
Ribeira.
Os requisitos son:
- Dispoñer de vehículo propio para poder desprazarse aos centros de traballo, que soen estar en zonas sen transporte público.
- Ter dispoñibilidade horaria para traballar en quenda de día, e por riba de todo de noite e fins de semana
- Motivación por aprender o oficio de limpeza industrial e dedicarse a esta profesión de maneira estable
Como non hai formación regulada en limpeza industrial, non
é imprescindible formación, nin experiencia no posto.
Realizamos unha formación inicial previa á incorporación
impartindo o certificado profesional de limpeza:
CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: LIMPEZA DE SUPERFICIES E
MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS (SSCM0108) (NIVEL 1)
Duración total 230 h.
Modulo teórico 150 horas de luns a venres de 15:00 a 21:00
h en Santiago. Comeza o 14/02/2022.
Módulo de formación práctica en centros de traballo de Ribeira: 80 horas
Star Servicios faise cargo do custo do certificado
profesional.
Unha vez rematado e aprobado o certificado, ofrecemos un
contrato inicial de 6 meses, renovación de 6 meses, e ao cabo dun ano contrato
indefinido.
Seleccionamos candidatos/as que queiran aprender o oficio
de limpeza industrial para traballar de maneira estable con nós.
Os CVs dos candidatos/as interesados/as pódense enviar a
este correo electrónico: servicios@starservicios.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario