O IES Campo San
Alberto de Noia vai impartir un curso oficial para desempregados DE NIVEL 2, (plan
AFD con certificado de profesionalidade oficial)
ELES0108: MONTAXE E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS DE
TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS.
Terá unha duración total de 528
horas (120 delas de prácticas en empresas)
Este certificado de profesionalidade dá a
formación necesaria para as ocupacións de:
Instalador de antenas de telecomunicacións en edificios de vivendas, de equipos
de telecomunicación, de liñas de telecomunicacións, de equipos e instalacións
telefónicas, reparador de instalacións telefónicas, montador de antenas
receptoras/televisión satélites.
O primeiro módulo do curso é o BÁSICO DE
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, de 60 horas , esixido por moitas empresas para
poder contratar con elas .
O curso iniciarase o 23 de febreiro e rematara o 27
de xullo. Impártese en sesións de 5 horas diarias de luns a venres,
pola tarde de 4 a 9, agás no mes de xullo no que se realizaran as practicas en
empresas, a razón de 8 horas diarias .
Os interesados poden contactar co
noso instituto e indicar que queren facer o curso que impartimos. O
teléfono do instituto é 881867135
Tamén se poden poñer en contacto cos
profesores de electrónica que imparten o curso . O telefono das
aulas de electrónica é 981820770 ou directamente con María
José Bragaña Miguéns - 629841694.
Os REQUISITOS
para acceder a cursos de nivel 2 son, entre outros: ter a ESO, ciclo medio de
FP, competencias clave de nivel 2, PCPI, FP Básica, etc. NON HAI LIMITE DE
IDADE, PERO TEÑEN QUE SER DESEMPREGADOS INSCRITOS NA OFICINA DE EMPREGO .
Ningún comentario:
Publicar un comentario