xoves, 28 de febreiro de 2019

Cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN)

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) convoca cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Destinatarios/as

a) Licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
b) Técnicos/as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais: 

a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
b) Non estar inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

2. Proba específica:

Superar a proba específica combinada con aletas, que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados e que se regula na base novena desta convocatoria.

3. Requisitos físicos/psíquicos: 

Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con esta.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón á convocatoria do DOGA en pdf: Convocatoria




Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...