luns, 25 de febreiro de 2019

CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA T.C.A.E. - XUNTA DE GALICIA

A Consellería de Facenda publica hoxe, día 25 de febreiro, a ORDE do 20 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir trescentas cinco (305) prazas da escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, polas quendas de acceso libre e promoción interna.

Resérvanse setenta e seis (76) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo é o de concurso-oposición.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude, que será facilitado gratuitamente na internet, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala, que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala na Orde da convocatoria.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).




Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...