No Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, 21 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar a ORDE do 31 de decembro de 2018 pola que se
realiza a segunda convocatoria pública para o ano 2019 do procedemento de
recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia
laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de
competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado
nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Esta orde ten
por obxecto realizar a segunda convocatoria para o ano 2019, no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e
acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da
experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do
procedemento: TR305A) para un total de 1.350 prazas, nas unidades de
competencia que se indican no anexo I e cun total de 5.150 unidades de
competencia nas seguintes cualificacións profesionais:
• Atención
sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
• Atención
sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250
prazas.
• Socorrismo en
espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas.
• Socorrismo en
instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas.
• Tanatopraxia
(SAN491_3): 150 prazas.
• Docencia da
formación para o emprego (SSC448_ 3): 100 prazas.
• Operacións
auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas.
O prazo de inscrición será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
A
información e orientación necesarias para aquelas persoas que queiran participar
no procedemento serán facilitadas nos seguintes puntos:
a) No
Instituto Galego das Cualificacións.
b) Nas
xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) Nas
oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
d) Nos
centros propios de Formación Profesional para o Emprego da Consellería de
Economía, Emprego e Industria.
Enlace ao DOG: Orde do 31 de decembro
Enlace ao folleto informativo: Folleto
Ningún comentario:
Publicar un comentario