Desde
o IES Campo de San Alberto, de Noia, remítennos información dun curso de
formación (AFD) para desempregados que están a ofertar nestes intres:
ELES0108 : MONTAXE E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS
EN EDIFICIOS.
Ten unha duración total de 528 horas (120 delas de
prácticas en empresas). Xa o estiveron impartindo nos derradeiros 5 anos, con
boa aceptación.
Este certificado de profesionalidade dá a formación
necesaria para as ocupacións de: Instalador de antenas de telecomunicacións en
edificios de vivendas, de equipos e de telecomunicación de liñas de
telecomunicacións, de equipos e instalacións telefónicas, reparador de
instalacións telefónicas, montador de antenas receptoras /televisión satélites.
O curso iniciarase o 13 de febreiro e rematará o 22 de
xullo. Impártese en sesións de 5 horas diarias e luns a venres, pola tarde de 4
a 9, agás no mes de xullo no que se realizarán as prácticas en empresas, a razón
de 8 horas diarias.
Os requisitos
para acceder a cursos de nivel 2 son, entre outros, ter a ESO, ciclo medio de
FP, competencias clave de nivel 2, PCPI, FP Básica, etc.
NON HAI LIMITE
DE IDADE, PERO TEÑEN QUE SER DESEMPREGADOS INSCRITOS NA OFICINA DE EMPREGO.
Para máis información pódese contactar nos seguintes
números de teléfono:
IES Campo de San Alberto: 881 867 135
Aulas de electrónica: 981 820 770Coordinador de FP - Marcos Gómez: 616 649 179
Información remitida polo centro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario