xoves, 10 de xaneiro de 2019

PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, publicou o pasado 7 de xaneiro a ORDE do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015 - 2020:


No artigo 3 establécense os requisitos que se deben cumprir para poder acceder as subvencións.

Con data de 10 de xaneiro o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ven de publicar a RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, así como o extracto da mesma:



O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día 11/01/2019 e rematará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 13 de decembro de 2019.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...