mércores, 12 de decembro de 2018

Convocatoria de axudas para o transporte de estudiantes a centros de ensino para o curso 2018-2019

O Concello da Pobra do Caramiñal convocou as axudas para o transporte de estudiantes a centros de ensino para o curso 2018-2019.

Beneficiarios:

Estudantes empadroados no Concello da Pobra do Caramiñal, que non superen os ingresos per capita que se detallan na Convocatoria e que estean a realizar no curso académico 2018-2019 algún dos seguintes estudos:

  • Ensinos universitarios adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
  • Ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
  • Complementos de formación para acceso ao Máster, Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
  • Ensinos de Formación Profesional.
  • Ensinos de educación especial.
  • Bacharelato, para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes.
O prazo para solicitar as axudas remata o vindeiro 20 de decembro.

Enlace á Resolución da Alcaldía: Axudas transporte escolar

Solicitude: Anexo solicitude







Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...