venres, 23 de novembro de 2018

Subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario

A Consellería do Rural ven de publicar a ORDE do 16 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:

1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

2. Asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito deasociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca» de acordo co Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Serán obxecto de subvención os custos derivados das seguintes actividades realizadas ao longo do ano 2018:

a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal. 
b) Funcións ordinarias de xestión interna das organizacións profesionais agrarias e das asociacións de interese agrario.
c) Representación perante as institucións.
d) Participación nos órganos colexiados, comisións, mesas sectoriais que, para a defensa dos intereses dos seus representantes, foron constituídos pola Administración galega.
e) Formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario.
f) Impulso do asociacionismo agrario.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Enlace á convocatoria:

Extracto da convocatoria:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...