xoves, 22 de novembro de 2018

Ampliación do prazo de inscrición - Proxecto EIXO 2018-2019

A Deputación Provincial da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL) 2016-2019 convocou fai uns días a apertura do prazo de inscrición de persoas candidatas a este itinerario do proxecto EIXO no que se encadra a formación acreditada de nivel 3 de:


IFCD0210 DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)

O proceso de captación e inscripción non acadou os resultados previstos polo que, antes de anular este itinerario, abre un novo prazo de envío de solicitudes ata o próximo venres día 30 de novembro.

Os requisitos das persoas candidatas:
  • Mozas e mozos menores de 30 anos desempregadas/os da provincia da Coruña empadroados en concellos de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade,
  • Non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación
  • Inscritas na Oficina de Emprego correspondente
  • Rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove
  • En posesión de unha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

  • Calquera outro certificado de profesionalidade de nivel 3
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia (Informática e Comunicacións) e área profesional (Desenvolvemento)
  • Bacharelato
  • Ciclo formativo de Grado Superior, técnico superior
  • Cumprir requisitos académico de acceso  ou ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grado superior
  • Ciclo formativo de Grado Medio, técnico
  • Técnico especialista (FP2)
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
  • Outros estiudos declaradaos equivalentes a efectos académicos con algún dos anterioree ou estudos superiores a estes
  • Competencias clave de nivel 3
 
Tendes acceso a mais información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local: https://emprego.dacoruna.gal/index.php?cID=13640

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...