xoves, 18 de abril de 2024

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS




Gi Group busca:


OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa. 

Con experiencia en líñas de producción industrial e/ou manexo de carretilla elevadora.

Dispoñibilidade para traballar en quendas rotativas de T/M/N

Incorporación a compañía multinacional con contrato inicialmente temporal de maio a setembro con posibilidade de continuidade.


Interesados enviar CV a: vigo@gigroup.com


venres, 12 de abril de 2024

BOLSA DE EMPREGO PARA LA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE LIMPEZA DE OFICINAS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL


O concello da Pobra do Caramiñal publica hoxe, 12 de abril de 2024, no BOP da Coruña a convocatoria da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais temporais para a cobertura temporal dos postos de traballo de persoal de limpeza de oficinas e instalacións municipais (cobertura de vacacións, baixas por incapacidade temporal e outros permisos retribuídos, e cobertura interina de postos vacantes e situacións análogas).


As solicitudes presentarase a través do rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 8:00 h ás 14:00 h ou por medio da sede electrónica municipal, https://apobra.sedelectronica.es/ ,no prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da propia sede electrónica do concello.





luns, 25 de setembro de 2023

FORMACIÓN GRATUÍTA - EXPERTOS/AS EN TRANSFORMACIÓN DIXITAL

A Universidade Camilo José Cela coa colaboración de Gdoce, grupo empresarial de servizos, oferta a formación gratuíta: Expertos/as en transformación dixital.

Cun total de 150 horas está dividida en sesións de 45 horas presenciais, 95 horas de formación virtual e 10 de mentorización.

Vai dirixida a xoves de ata 35 anos que estean a traballar en PYMES ou que se atopen en situación de desemprego.

Os requisitos para poder acceder á devandita formación son:

  • Titulación universitaria (ou estar no último ano) ou FPGS e con 6 meses de experiencia laboral(incluídas prácticas)
  • FPGM, Bacharelato ou Certificado de Profesionalidade Nivel III e con 2 anos de experiencia laboral en TIC (incluídas prácticas).
Ao remate da formación obterase un certificado da Universidade Camilo José Cela (15 ECTS), a titulación PMI Project Management Ready Certification así como o acceso directo á bolsa de emprego da E.O.I.

Conta tamén con beca de desprazamento.

A ficha de pre-inscrición pódese descargar da seguinte ligazón: 





venres, 11 de agosto de 2023




A delegación de EUROFIRMS en Santiago de Compostela busca persoas interesadas en realizar vendimas nas zonas de Padrón, Caldas de Reis, Cambados e Vedra.

As personas interesadas pódense inscribir directamente na seguinte ligazón: https://jobs.eurofirms.com/.../vendimiadores--as-170-005809
Imprescindible dispoñibilidade durante a última semana de agosto e setembro, ademais de posesión de vehículo propio.

OFERTA DE OPERARIO/A PARA EMPRESA DE ALIMENTACIÓN NA POBRA DO CARAMIÑAL





Queres traballar como Operario/a de alimentación para unha empresa de alimentación situada na Pobra do Caramiñal.?

Funcións: limpeza de mexillón, empacado, paletizado, etiquetado, control de calidade, servizos auxiliares á liña, etc.

OFRECEMOS:
- Contrato temporal ata decembro + posibilidade de continuar na campaña de xaneiro.
- Salario: 9,35€ b/h
- Xornada completa
- Horario: Luns a Venres en quendas rotativas de mañán e tarde en horario de 07:00-15:00/ 15:00-23:00h.  

REQUISITOS:
- Experiencia en liña de produción ou entornos dinámicos (Loxística, almacén, dependentes/as de tenda, repoñedores/as de supermercados, cargas e descargas de camións)
- Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
- Vehículo propio

Tes experiencia e interésache? Apúntate na seguinte ligazón!


martes, 4 de xullo de 2023

CAMAREIRA/O PARA O BAR RESTAURANTE A DE ROSA, NA POBRA DO CARAMIÑAL

 


CAMAREIRA/O PARA O BAR RESTAURANTE A DE ROSA, NA POBRA DO CARAMIÑAL

Incorporación a partir do mes de setembro

O seu labor consistirá en servi-las mesas do restaurante.

Xornada: 8 h  diarias 

Día libre:  mércores todo o día + domingo polo serán

Ambiente e trato familiar

Modo de contacto:  no teléfono 627 11 87 15  ou no enderezo de correo salvadorhermo4@gmail.com





mércores, 10 de maio de 2023

KAMPAOH RÍA DE AROUSA (PRAIA E RURAL) - OFERTA DE EMPREGO

KAMPAOH é un novo concepto de "ir de cámping" no que tes todo preparado para que poidas gozar da viaxe, relaxarte e descansar comodamente sen ter que cargar con tenda, saco ou calquera outro tipo de equipamento.

Ligazón á súa páxina web: https://es.kampaoh.com/

KAMPAOH chega ao Barbanza en colaboración co cámping Ría de Arosa ofrecendo os seus servizos tanto no Ría de Arosa I, situado na praia de Cabío (A Lombiña) coma no Ría de Arousa II, situado no lugar de Balteiro (Oleiros - Ribeira).


Para a posta en marcha deste servizo KAMPAOH ofrece os seguintes postos de traballo:

1.- HOUSEKEEPER (persoal de limpeza):

A túa misión principal será manter limpas e ordenadas as tendas e espazos comúns da área de Kampaoh de acordo cos estándares de calidade previstos co obxectivo de cumprir coas expectativas da nosa clientela.

Resumo de tarefas:

  • Limpeza interior das tendas
  • Limpeza exterior das tendas
  • Limpeza de baños Kampaoh (en caso de existencia)
  • Realizar tarefas básicas de mantemento
  • Realizar tarefas de limpeza de zonas comúns (parcela, zona chill out etc.)
  • Organizar e manter ordenado o almacén

Que ofrecen?

  • Formar parte dun equipo xove e dinámico
  • Contrato fixo descontinuo a 25/30 h
  • Posibilidade de aloxamento no cámping
  • Quenda de mañán
  • Soldo de 18000 € brutos anuais/xornada completa

2.- DIRKAMP ASSISTANT (asistente de dirección):

A túa misión principal será xestionar a atención do cliente, durante toda a súa estancia, sempre co obxectivo de lograr que esta cumpra coas expectativas.

Funcións

● Recepción / Atención da clientela

- Realizar a recepción e saída da clientela (check-in e check-out)

- Dar soporte nas incidencias da clientela aloxados e, de se-lo caso, realiza-lo informe ao encargado/a do cámping.

- Supervisa-la satisfacción da estancia dos clientes (limpeza de áreas comúns, mobiliario, lavandaría etc.)

- Atender calquera petición da clientela relacionada coa súa estancia.

- Realizar funcións de Guest Experience: detalles de benvida / coordinación xunto con rr.ss. para preparar tendas de colaboracións etc.

● Reservas

- Controla-lo calendario de reservas, modificacións, cancelacións e walk–in en Cloudbeds.

- Dar soporte na xestión de fianzas non autorizadas.

● Outras funcións

- Apoiar na recepción de provedores e recepción de mercadorías.

- Apoio a tarefas operativas cando resulte necesario (montaxe, mantemento, apoio á limpeza etc).

- Apoiar na revisión de housekeeping xunto co encargado/a de cámping.

- Dar soporte na xestión da lavandaría, así como garanti-la eficiente subministracións de produtos ao equipo de limpeza.

Requisitos

- Formación en Hostalaría e Turismo, Atención ao Cliente ou similar.

- Habilidades comunicativas

- Orientación pola calidade e a experiencia da clientela

- Nivel medio de inglés (coñecemento doutros idiomas)

Que ofrecen?

- Contrato a tempo completo desde marzo a outubro

- Formar parte dun equipo xove  dinámico con posibilidades de desenvolvemento.

- Salario: 19500 € brutos anuais


Para contactar:

Teléfono 665957398

Enderezo de correo electrónico: riadearosarural@kampaoh.com








OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...