O Concello da Pobra do Caramiñal aprobou as bases
reguladoras de dous novos procesos selectivos e efectúa a convocatoria das
probas mediante oposición. Neste caso están orientadas á formación dunha bolsa
de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino pertencente ós subgrupos
C1 e C2.
As persoas aspirantes
deberán cumprir unha serie de requisitos de acordo co posto ao que se
presenten.
Deberase solicita-la
participación mediante unha instancia, conforme o modelo que consta no anexo I
das mencionadas bases, xunto coa documentación esixida. A entrega farase
preferiblemente de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal no prazo de 10 días
hábiles que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da
convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
da Coruña (BOP), neste31 de outubro. O trámite tamén se poderá realzar en calquera das
formas determinadas no procedemento administrativo común das administracións
públicas. Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de
anuncios da Administración local e na referida sede
electrónica.
Bases subgrupo C1: Decreto 2022-1078 aprobación bases funcionario interino C1
Bases subgrupo C2: Decreto 2022-1077 aprobación bases funcionario interino C2
Ningún comentario:
Publicar un comentario