A Concellería de desenvolvemento local do concello da Pobra do Caramiñal organiza un curso de iniciación á lingua de signos española.
A duración do mesmo é de 4 horas e impartirase o vindeiro día 3 de decembro das 10.00 ás 14.00 horas na Casa da Mocidade.
O prazo de inscricións é dende o 17 deica o 23 de novembro, ámbolos dous incluídos.
Para máis información o teléfono de contacto é o 981 377 610
Ningún comentario:
Publicar un comentario