O concello da Pobra do Caramiñal ven de convocar unha bolsa para a contratación temporal de auxiliares de axuda no fogar.
As bases pódense atopar no taboleiro de anuncios do concello ou no da súa sede electrónica (apobra.sedelectronica.es) ou descargalas dende aquí:
Bases: Bases bolsa contratación temporal SAF
O prazo de inscrición estipulado nas devanditas bases é de 10 días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña). Dado que a súa publicación foi hoxe, 17 de novembro, o prazo comezará a contar a partir de mañán, 18 de novembro e permanecerá aberto ata o xoves 2 de decembro.
Ligazón ao anuncio: Bolsa contratación temporal SAF
Ningún comentario:
Publicar un comentario