mércores, 26 de maio de 2021

 OFERTA DE EMPREGO PRIVADA:

-          COCIÑEIRO/A PARA CAMPAMENTO DE VERÁN (PORTO DO SON): arquivo adxunto.

o   TAXISTA CON DISCAPACIDADE (RIBEIRA): Requisitos estar en posesión do certificado de discapacidade de mínimo o 33% e carné de conducir B.

o   OPERARIO PARA PRANTA DE RECICLAXE CON DISCAPACIDADE (BOIRO): Requisito estar en posesión do certificado de discapacidade de mínimo o 33%.

o   AUXILIAR DE CONSERVA CON DISCAPACIDADE (BARBANZA): Requisito estar en posesión do certificado de discapacidade de mínimo o 33%.

§   Enviar CV a sil@cogami.gal

 

BOLSAS DE EMPREGO:

Convocatoria do 2º proceso de selección do programa de bolsas da Fundación SEPIINSTITUTO DE CREDITO OFICIAL 2020/2023.

Nº de bolsas: 16.

Obxectivo: facilitar períodos de formación práctica en centros de traballo do ICO baixo a supervisión da titorización.

Destinatarias/os: a mocidade titulada universitaria, así como as persoas estudantes de enxeñería superior ou de mestrado que teñan aprobadas todas as materias da carreira, a excepción do proxecto de fin de carreira, dos seguintes campos de estudos: Ciencias-todas as áreas-; Economía e Empresas -todas as áreas-; Enxeñería -áreas de organización, telecomunicación, electrónica e automática, industrial e informática- e Xurídica -área de dereito- .

Duración: inicialmente 6 meses, podendo prorrogarse as bolsas por outros dous períodos consecutivos de 6 meses cada un, ata un máx. de 18 meses.

Lugares: na sede do ICO, da FUNDACIÓN ICO ou de AXIS en Madrid.

Contía: 714 €/mes. No caso de prórroga ou prórrogas da bolsa, a contía será de 867 €/mes.

Solicitudes: https://lnkd.in/dYUC96p

Prazo: ata o 30/05/2021.

Máis información:
https://lnkd.in/dNph27A
https://lnkd.in/dTQEWi3

 

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO:

BOLSA DE EMPREGO DE SOCORRISTAS E SOCORRISTA-XEFE (CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL): arquivo adxunto.

BOLSA DE EMPREGO DE SOCORRISTAS E SOCORRISTA-XEFE (CONCELLO DE RIBEIRA): https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/05/24/2021_0000004266.html

CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN DA SEG. SOCIAL.

Convócanse 300 prazas por acceso libre no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social!!!

Prazo inscrición: ata 09/06/2021.

Titulación: Enxeñeiro/a Técnico/a, Diplomado/a Universitario/a, Arquitecto/a Técnico/a ou Grao ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A presentación da solicitude e a inscrición no proceso selectivo realizarase en liña, seguindo o procedemento indicado no apartado 5.6 das bases. A solicitude de participación dirixirase á Subsecretaria de inclusión, seguridade social e migracións.

A solicitude de participación nas probas selectivas deberase cumprimentar electronicamente, utilizando o modelo oficial 790, ao que se accede a través do Punto de Acceso Xeral na URL: https://lnkd.in/dNEqErw, e seguindo as instrucións do anexo IV.

MÁIS INFORMACIÓN
BOE:https://lnkd.in/dpEqQ3T
https://lnkd.in/dzge7z7

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...