xoves, 20 de febreiro de 2020

Axudas dos Plan de Emprego Local da Deputación Provincial da Coruña

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2020 coas seguintes liñas:
  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (ABERTO O PRAZO DE PRSESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 20/02/2020).
  • LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRSESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020).
  • LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRSESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020)
As bases das axudas PEL 2020 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 29 de 12.02.2020 ou premendo na seguinte ligazón: 


As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal), pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 24 de marzo de 2020.

Lembrámoslle que na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes: FAQ referido ás Bases.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...