xoves, 16 de xaneiro de 2020

CURSO PARA DESEMPREGADOS

O IES Campo de San Alberto, de Noia, ofrece un curso para persoas desempregadas dentro do Plan AFD da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e máis en concreto o de:

MONTAXE E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS (ELES0108)

Ten unha duración total de 528 horas, 120 delas de prácticas en empresas

Os requisitos para acceder ao curso son, entre outros: ter a ESO, ciclo medio de FP, competencias clave de nivel 2, PCPI, FP Básica, etc. 

NON HAI LIMITE DE IDADE, PERO AS PERSOAS INTERESADAS TEÑEN QUE SER DESEMPREGADAS INCRITAS NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO.


Este certificado de profesionalidade dá a formación necesaria para as ocupacións de: 
Instalador de antenas, de telecomunicacións en edificios de vivendas, de equipos e  de telecomunicación, de liñas de telecomunicacións, de equipos e instalacións telefónicas, reparador de instalacións telefónicas, montador de antenas receptoras /televisión satélites.

O primeiro módulo do curso é o BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, de 60 horas, que inclúe o diploma. Este curso é esixido por moitas empresas para poder contratar con elas.


O curso iniciarase o 12 de febreiro e rematará o 17 de xullo. Impártese en sesións de 5 horas diarias de luns a venres,  pola tarde de 16.00 a 21.00, agás no mes de xullo no que se realizarán as prácticas en empresas, a razón de 8 horas diarias.


As persoas interesadas poden contactar a través dos seguintes teléfonos:


O do propio instituto: 881867135

O das aulas de electrónica: 981820770

Ou directamente co coordinador de FP do IES Campo San Alberto de Noia (Marcos Gómez):   616649179










 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...