A Consellería de Política Social publica no DOG de hoxe, 12 de xuño, a ORDE do 29 de maio de 2019 pola que se
regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en
escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do
programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso
2019/20.
As bases pódense consultar na seguinte ligazón: Bases
E o extracto das mesmas nesta outra: Extracto
Poderán ser beneficiarias das axudas do
programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de
Galicia que se encontren nos supostos seguintes:
a) Ter un fillo ou filla nacido ou nacida con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.
b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:
- Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.
- Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 exercendo a opción do programa Bono concilia e que, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
- Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
- Ter obtido axuda deste programa no curso 2018/19 e solicitala para a mesma nena ou neno.
- Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2019/20 e solicitala para un irmán ou irmá.
- Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
O prazo para a presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado
a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario