O concello da Pobra do Caramiñal, a través do Programa de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña - Plan de Emprego Local, ven de convocar catro prazas para a brigada municipal de obras:
- Electricista - Solicitude
- Carpinteiro/a - Solicitude
- Oficial de 2ª - Solicitude
- Condutor/a - Solicitude
As bases das mesmas pódense consultar na sede electrónica municipal ou a través da seguinte ligazón: BASES PEL 2019
A solicitude deberá ir acompañada por copia de :
- DNI ou documento correspondente ao país da UE.
- Acreditación de pertencer a algún dos colectivos do punto 5.f) das bases.
- Se é o caso, documentación que acredite os extremos do punto 9º) B destas bases. A experiencia laboral acreditarase mediante certificado de empresa ou certificado de servizos prestados, vida laboral xunto cos contratos correspondentes.
- Tarxeta de demandante de emprego.
Requisitos xerais:
a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 de 13 de abril do estatuto básico do empregado público.
b) Ter cumpridos os 16 anos da idade.
c) Non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño de funcións propias do posto de traballo, que será xustificado mediante informe médico.
d) Non ter sido separado do servizo de ningunha administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentencia firme, para o exercicio de funcións públicas.
e) Estar en situación de desemprego con anterioridade á formalización do contrato.
f) Pertencer, segundo o previsto no punto 2.1 da convocatoria de subvención, a algún dos seguintes colectivos: (BOP núm. 26 do 6 de febreiro de 2019).

- Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
- Maiores de 45 años.
- Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
- Persoas con discapacidade: aquelas Persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.
- Persoas en situación de drogodependencia.
- Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.
- Persoas en fogar monoparental/monomarental.
- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
- Persoas vítimas de violencia de xénero.
- Persoas sen fogar.
a) Electricista: estar en posesión dalgún dos seguintes cursos ou titulacións
- Grado medio en Instalacións eléctricas e automáticas ou equivalente.
- Grado superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados ou equivalente.
- Curso de Instalador Electricista.
- Certificado de Cualificación Profesional.
- Grado básico en carpintería e moble ou equivalente.
- Grado medio en carpintería e moble ou equivalente.
- Certificado de Cualificación Profesional.
- Graduado escolar ou equivalentes
- Carné de conducir clase C1, C máis o E
Ningún comentario:
Publicar un comentario