A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca, ao abeiro da orde do 4 de decembro de 2018, proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Para que serve a acreditación de competencias?
Para
recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias
profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras
vías non formais de aprendizaxe.
Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.
O que se quere é
recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a
mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.
Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida.
Tanto no folleto informativo, desde a páxina 7, coma na Orde publicada no DOG, desde a páxina 52344, podedes atopar a relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación, asociadas a cualificacións profesionais, certificados de profesionalidade, ciclos de grao medio e superior e familias profesionais:
Enlace ao folleto informativo
Enlace á Orde publicada no Diario Oficial de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario