A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, é
un servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico e que
ofrece aos seus usuarios todo tipo de información sobre a creación de
emprego, a formación, a dinamización do tecido empresarial existente e a
creación de novas empresas, aproveitando os recursos endóxenos do
territorio e las posibilidades que ofrecen as axudas e subvencións das
distintas administracións.
Os seus obxectivos principais son os seguintes:
- Deseño de actuacións que contribúan ao desenvolvemento do territorio, en base ao estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
- Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
- Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local no ámbito municipal.
- Asesoramento a emprendedores sobre os trámites necesarios para a construción e posta en marcha dun proxecto empresarial.
- Acompañamento no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
- Servizo de atención a empresas coa finalidade de lograr unha maior dinamización do sector: información sobre axudas e subvencións para contratación, etc.
- Actualización continuada da base de datos de empresas e comercios do municipio.
- Fomento da utilización de novas tecnoloxías.
- Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.
BENEFICIARIOS
Os servizos que ofrece a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
van dirixidos principalmente a desempregados, potenciais emprendedores,
empresas, asociacións e, por suposto, á poboación en xeral.
FUNCIÓNS
Asesoramento a emprendedores
Consiste en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais,
promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e
subvencións das que se poden beneficiar.
Proxectos de formación e creación de emprego
A pesares de que, segundo os datos publicados mensualmente pola
Consellería de Economía, Emprego e Industria, o número de desempregados
no noso municipio está sempre por baixo da media nacional e da
comunidade autónoma, segue habendo unha bolsa de parados importante e a
creación de postos de traballo a nivel local é fundamental tanto para os
propios desempregados en si como para o desenvolvemento socioeconómico
do municipio xa que a máis empregados máis renda e máis renda implica
máis gasto tanto en bens coma en servizos nos comercios e empresas
radicadas aquí. Por este motivo, desde o Concello, deséñanse unha serie
de plans de creación de emprego, e realízanse as xestións necesarias
para obter financiamento público para os mesmos. Entre estes proxectos
destacan os seguintes:
Programas de Cooperación. Aínda que como tales forman parte
das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia en colaboración
coas entidades locais, tamén poderíamos considerar os diferentes
programas que ven deseñando e publicando a Deputación Provincial da
Coruña. Con estes programas lévase a cabo a contratación de
traballadores desempregados para a realización de obras o servizos de
interese xeral e social. As persoas contratadas adquiren unha
experiencia profesional para mellorar a súa empregabilidade e poder
acceder con posterioridade a un posto de traballo por conta propia ou
allea.
Obradoiros de Emprego. Encadrados dentro das políticas activas
de emprego, son programas mixtos que combinan accións de formación i
emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas
coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de
traballo.
Cursos formativos. Planificación de cursos de formación
dirixidos a desempregados, traballadores en activo, tanto por conta
propia coma por conta allea, empresas e poboación en xeral.
Bolsas de emprego. Recepción de currículos e tramitación dos
mesmos ante posibles ofertas. Posta en marcha de bolsas para cubrir
necesidades temporais de contratación nos servizos municipais en
colaboración cos distintos departamentos do concello.
Seguimento de axudas e subvencións
Desde la Axencia de Emprego y Desenvolvemento Local, faise un
seguimento diario de boletíns oficiais para la detección de axudas y
subvenciones de todo tipo que se consideren útiles o necesarias para la
dinamización municipal en todos os seus ámbitos, desde obras para
construción ou mellora de infraestruturas, pasando por actividades
culturais, deportivas ou a mellora dos servizos sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario