mércores, 28 de novembro de 2018

PROXECTO EIXO - ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN LABORAL ESPECÍFICA

Seguimos co Proxecto Eixo da Deputación e esta vez co ITINERARIO DE PRÁCTICAS SEN FORMACIÓN LABORAL ESPECÍFICA.



Este itinerario concíbese como unha oportunidade de prácticas profesionais de 6 meses de duración para 15 mozas e mozos, fomentando así o emprego a través da adquisición de experiencia profesional de persoas desempregadas da provincia que buscan o seu primeiro emprego en postos relacionados coa súa formación.


A programación divídese en 760 horas de prácticas directamente nas empresas, 270 horas de accións transversais e complementarias (titorías, igualdade de oportunidades, lingua estranxeira-inglés e novas tecnoloxías), así como outras 100 horas de orientación e intermediación.

Está prevista a concesión dunha bolsa económica de 2,66 €/hora brutos de xornada laboral cumprida.

Os requisitos para poder acceder a este itinerario son os seguintes:

  1. Ser menor de 30 anos e desempregado da provincia da Coruña, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove.
  2. Ter cumpridos 16 anos de idade.
  3. Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
  4. Cumprir cos requisitos de adscrición a este itinerario en concreto:
    Persoas mozas desempregadas da provincia, capacitadas académica ou profesionalmente e con titulacións de Técnico Medio e Superior en Formación Profesional ou certificado de Profesionalidade de Nivel 3, Diplomadas e Licenciadas e/ou con Grados Universitarios, sen experiencia laboral no seu sector, de maneira que, coa mellora da súa empregabilidade, poidan situarse en mellores condicións para acceder a un posto de traballo, unha vez rematada a súa participación nelas.
PROCEDEMENTO:

As persoas mozas interesadas en participar teñen que entregar a solicitude e a documentación esixida  no concello con data límite o venres 14 de decembro:

  1. Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (pinchando no enlace descárgase tanto a ficha de solicitude coma a ficha de historial)
  2. Ficha de historial cumprimentado e asinado da persoa candidata e CV formativo e profesional.
  3. DNI por ámbalas dúas caras
  4. Tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social
  5. Certificado/volante actualizado de empadroamento
  6. Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego)
  7. Documento académico que acredite o requisito de acceso.
  8. Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (Acceso a zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descarga no apartado de “notificacións” do documento, en formato “pdf”, que acredita que a persoa solicitante está rexistrada e é beneficiaria do sistema)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...