OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO (Fonte BOP/Emprego Galicia):
-Bolsa de socorristas Concello de Boiro: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/06/10/2021_0000004902.html
- Bolsa de monitor/a de ocio e tempo libre Concello de Porto do Son: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/06/11/2021_0000004925.html
- Bolsa lectorados
Aprobánse as bases e anúnciase a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500F).
A quen vai dirixido? Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de Galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de Inglés.
Prazo de presentación de solicitudes: Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Preme en “Máis información” para consultar o número de prazas convocadas; os centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan; duración; retribucións e requisitos, entre outros.
Presentación das solicitudes: A través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Máis información: https://lnkd.in/d-siUvZ/ https://lnkd.in/dyh_yVH/ https://lnkd.in/d46VngH
Ningún comentario:
Publicar un comentario