martes, 20 de agosto de 2019

III GRAN PREMIO TRIATLON POBRA DO CARAMIÑAL 2019

O vindeiro 8 de setembro levarase a cabo na Pobra do Caramiñal o III GRAN PREMIO TRIATLON POBRA DO CARAMIÑAL 2019.

Información:

Triatlón distancia SPRINT

750 m de natación – 21 km en bicicleta – 5 km de carreira a pé

Ás 10:30 saída única para tódalas categorías masculina e feminina.
  • Zona de Boxes situada no porto de Pobra do Caramiñal. 
  • Centro de información e control da proba situado na zona de postmeta
  • Zona de aparcamento situada nas inmediacións do porto de Pobra do Caramiñal.
O 5% do recaudado en inscricións na proba será destinado a Obra Social e asignado a unha entidade da comarca do Barbanza e escollida pola organización da proba.

Limite de inscrición de 300 participantes por orde de formalización da inscrición. Todas serán confirmadas na web. 
A organización reserva 15 prazas para invitacións.

Enlace á páxina de inscrición: III Gran Premio Triatlón Pobra do Caramiñal


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...