A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 26 de marzo de 2019 pola que se
establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de
incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2019.
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se
rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das
subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e
Industria para o ano 2019, coa finalidade de facilitar a inserción
laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan
desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de
traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e
ocupabilidade.
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
1. O prazo xeral para a presentación das
solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte
ao da súa publicación.
2. As solicitudes de axudas polas
contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de
outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse
no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación
desta orde.
As axudas previstas polas contratacións
subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán
solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se
inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita
subvención.
3. O prazo para a presentación das
solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa
data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario