martes, 29 de xaneiro de 2019

SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO

A Axencia Galega das Industrias Culturais publicou no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019.



Persoas beneficiarias 

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 961.1), e con sucursal ou oficina permanente, polo menos, durante un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. 

Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polas empresas que a integran no momento da súa constitución.

Finalidade 

A finalidade da resolución é fixar as bases que regularán o réxime de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

OFERTA DE EMPREGO PARA OPERARIOS/AS INDUSTRIAIS E CARRETILLEIROS/AS

Gi Group busca: OPERARIOS-AS INDUSTRIAIS / CARRETILLEIROS-AS , para A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa.  Con experiencia en líñas d...